MENÚ PECHAR

A Casa da Redeira

Esta casa foi construída sobre o ano 1860. Situada nun pequeno porto pesqueiro. No seu interior, parte da casa, estaba destinada á confección e mantemento de artes e aparellos de pesca.

Nesta intervención, tratamos de recuperar a esencia dunha casa “ tipica mariñeira”. Pola súa situación, a menos de 100 mt. Do mar, vimos necesario potenciar esa cor azul que forma parte do cerramento exterior, tan presente nas embarcacións do pequeno porto.
O recuperar a pedra na fachada , á parte de achegar estética e robustez, foi imprescindible porque queriamos, que dalgunha forma, relacionásese co oficio de “ redeira”: Do mesmo xeito que a cantería, é un oficio artesán, onde é importante a mirada e nas mans se garda todo o romanticismo dun oficio que xa non atopa quen lle queira.

  • Proxecto: A Casa da Redeira
  • Onde: Cabo de Cruz (Boiro)
  • Ano: 2005
  • Deseño: Studio Moai
Aviso de Copyright
error: Contido protexido !