MENÚ PECHAR

dPINCHOS

Este estilo caracterízase por elementos tanto decorativos como construtivos que nos lembran ás vellas fábricas e almacéns, para achegarnos ao estilo urbano. A decoración industrial mostra os materiais na súa pureza, practicamente sen tratar. A súa esencia baséase en crear espazos diáfanos, cores na gama dos grises, azuis ou marróns, poucos elementos decorativos e lineas rectas.

As paredes de ladrillos vistos, sen encintar para buscar ese estilo de “fabrica vella”. O outro material que compón D`petiscos é un conglomerado de cemento, para buscar esa tacto de formigón.

Os teitos e a fronte da barra, usamos a mesma madeira das mesas. Táboas sen desbastar , só tratadas cun verniz incoloro. Queriamos ver os nós da madeira.

Para o mobiliario usamos materiais como aceiro e madeira sen puír e con parafusos á vista. Toda a sillería é de metal, acabado galvanizado, buscando a pureza do metal.

As lámpadas que escojimos deben estar na mesma linea de materiais: cemento, ferro, aluminio ou cristal..Na barra, a colocación en linea de varias lámpadas de suspensión é un recurso moi utilizado para este tipo de decoración.

O gran mural que está ao fondo esa pensado para darlle profundidade ao local. Son uns vellos camións de repartición da marca Estrela Galicia, e cremos que lle dá un toque interesante a toda esa parede.

  • Proxecto: Dpinchos
  • Onde: Boiro
  • Ano:
  • Deseño: Studio Moai