MENÚ PECHAR

Furancho Take Away

O concepto

‘Furancho Take Away’ é a continuación dunha idea que comeza fai uns anos e que perdura no tempo buscando a súa evolución en 2019 a través da incorporación de novos plantexamentos e situándose concretamente en Riveira. O reto que se nos plantexa dende un inicio é asociar dous conceptos que nun principio resultan completamente opostos. Por unha parte, o termo de ‘furancho’ que conleva un espazo de distensión e tranquilidade co modelo de negocio de ‘take away’, no que a rapidez e o inmediato son os seus puntos fortes.

A inspiración para este proxecto xorde desde o máis básico, é dicir, de poñer en valor todos os elementos que configuran os ‘furanchos’ galegos. Tivemos en conta que se trata da adega dunha vivenda ó uso, na que o seu propietario realiza a venta a baixo coste do excedente da producción propia de viño dese ano acompañado sempre dunhas tapas e que é un lugar que normalmente está protexido ou rodeado por unha parra.

A intervención

A fachada pretende funcionar prácticamente como un cartel publicitario cando está pechada, e como un punto de atención que xere certa curiosidade e expectación a primeira vista cando está totalmente aberta. A apertura caracterízase pola imitación dun portal de garaxe, simulando a entrada á adega dunha vivienda, para presentarnos así, un espazo diáfano no que poidamos observar todo o que ocorre no local mediante un recorrido exclusivamente visual.

En canto á distribución, unha gran parte do espazo está destinado ó almacén e á cociña por cuestións de metodoloxía de traballo e o restante inclúe, o mostrador de atención ó público, a zona de venta na que a colocación d mobiliario foi especialmente coidada seguindo estratexias para unha eficiente circulación do cliente e la zona habilitada para comer in situ.

Como puntos importantes a nivel estético, destacamos o chan de terrazo tan recurrente nas casas de campo galegas, pero con un toque moderno en canto a forma e cor; e a simulación da parra con plantas naturais preservadas ofrecéndonos un ambiente familiar, acolledor e fresco propio dun ‘furancho’.

‘Furancho Take Away’ é unha mostra simbólica dun espazo característico do noso entorno rural no que disfrutar de comida típica gallega para llevar, cun toque de distinción e innovación.

  • Proxecto: Furancho Take Away
  • Localización: Riveira
  • Año: 2019
  • Diseño: Studio Moai
Aviso de Copyright
error: Contido protexido !