MENÚ PECHAR

Restaurante Boga

En pleno centro da cidade de Vigo, e onde se fusiona o tipismo galego da pedra vista cunha decoración máis actual.

Para seguir con esta idea, decidimos instalar mobiliario deseño italiano de polipropileno. Achéganos frescura e fácil limpeza.

Un local cunha reducida altura, onde conseguimos a base dunha iluminación coidada e usar panos claros darlle “altura” visual a toda a planta baixa. A entrada recíbenos cunha gran dobre altura, onde descolgamos 2 lámpadas para potenciar o teito da planta alta.

Unha columna de ferro co seu gravado de 1925, que atravesa as 2 plantas, crea unha perfecta simetría en todo o local. Espléndida terraza, a pé de rúa, onde poderás gozar do bo tempo do que gozan nesta cidade.’

  • Proxecto: Maxin - Restaurante Boga
  • Onde: Vigo
  • Ano: 2016
  • Deseño: Studio Moai