MENÚ PECHAR

Yuko´s

O Concepto

 Nada facía presaxiar a longa traxectoria que seguría o YUKO´S desde que os seus primeiros propietarios, dous cuñados chamados Juan e Manolo, decidiron unir as súas iniciais (nunha clave secreta) para darlle un nome ao seu novo proxecto. Este establecemento cambiou de propietarios pero a súa esencia continuou, co paso de varias xeracións, durante máis de 30 anos.

O YUKO´S foi o gran referente da movida que viviu Boiro no seu período de maior esplendor. Era o paso obrigado a primeira hora da noite e a altas horas da madrugada para repoñer forzas antes de volver a casa. Como protagonista principal o sándwich club (queixo, jamón cocido, bacon, tomate, lechuga e mayonesa repartidos en tres pans e acompañado de patacas) que continua sendo un referente a día de hoxe en Boiro.

O establecemento viña pedindo un cambio de imaxe. A idea era remodelalo adaptándoo ás necesidades dos clientes actuais e buscando a súa comodidade
pero conservando a súa carta e o mesmo servizo. Unha nova imaxe, ca mesma filosofía de sempre.

 

A intervención

Estaba claro que para poder atender as necesidades estéticas demandadas debíamos centrarnos nos seus actuais clientes polo que se apostou por un estilo novo, fresco e moderno.

Partindo dun orzamento acoutado priorizouse o cambio das instalacións existentes polo seu precario estado e traballouse no cambio dos revestimentos e na ambientación co fin de crear un deseño atractivo para reactivar o local.

No que se refire á distribución, non modificou da orixinal, conservouse a barra existente que, pese a ser unha barra relativamente grande para as dimensións do local, funcionaba perfectamente como zona de pedidos para os clientes, tanto para  comer no local  como para levar.

A disposición do mobiliario tamén se conserva como a distribución orixinal  pero si se dotou dunha zona de maior confort ca colocación dunha gran bancada tapizada en polipiel. Renovouse todo o mobiliario con sillas de polipropileno de líñas limpas , e gran comodidade. Parte da sillería aportará ese toque de color vermella dentro dun contenedor de revestimentos neutros e claros. Este punto atrevido de cor tamén se fará visible na serigrafía do longo mural en vinilo que descorre por todo o lateral do local e onde aparecen as distintas especialidades que sirve o local.

Na fachada actuose renovando os materiais, eliminando elementos obsoletos e creando ca súa sencillez o protagonismo do interior. Cabe destacar a recuperación dunha peza importante como é o neón da rotulación orixinal, existente durante anos na fachada, e que agora dáselle un protagonismo especial, en recordo do antigo YUKO´S, situándoo no interior da barra e facéndose visible dende todo o local.

A ambientación neutra creada mediante cores claros en contraste co vermello , e unha estudada iluminación crea un espazo apetecible y que invita a saborear as súas distintas especialidades.

 

  • Proxecto: YUKO´S.
  • Superficie : 80,94 m2
  • Onde: Boiro
  • Ano: 2019 (Mayo)
  • Deseño e Obra: Studio Moai
Aviso de Copyright
Aviso sobre la propiedad intelectual /Contenidos digitales

 

Este sitio web, incluyendo a título enunciativo (pero no limitativo) su programación, edición, compilación y demás elementos necesarios para su funcionamiento, así como los diseños, logotipos, texto y/o gráficos, imágenes y cualquier documento gráfico contenido en él son propiedad de Moai Interiorismo, S.L. (el Responsable) o, si es el caso, el Responsable dispone de licencia o autorización expresa por parte de los autores. Todos los contenidos del sitio web se encuentran debidamente protegidos por la normativa de propiedad intelectual e industrial, así como inscritos en los registros públicos correspondientes.

 

La reproducción total o parcial, uso, explotación, distribución y comercialización, independientemente de la finalidad para la que fueran destinados, requiere en todo caso de la autorización escrita previa por parte del Responsable. Cualquier uso no autorizado previamente se considera un incumplimiento grave de los derechos de propiedad intelectual o industrial del autor.

 

Los diseños, logotipos, texto y/o gráficos ajenos al Responsable y que pudieran aparecer en el sitio web, pertenecen a sus respectivos propietarios, siendo ellos mismos responsables de cualquier posible controversia que pudiera suscitarse respecto a los mismos. Para más información, contacte con nosotros en la dirección de correo electrónico info@studiomoai.com

 

En galego :

 

error: Contido protexido !